Este volume reúne unha selección dos textos presentados no XX
Simposio da Sociedade Española de Literatura Xeral e Comparada
(SELGYC), durante os días 2 e 4 de setembro de 2014 na Universidade
de Santiago de Compostela. O eixo temático sobre o que xiran as
achegas —as novas literaturas híbridas— é en si mesmo diverso e
conforma un cristal poliédrico a través do que observar a
literatura actual. Convidouse aos participantes a reflexionar sobre a
concepción dunha posible neue Weltliteratur, unha nova literatura
mundial que se pensa desde a encrucillada, que se vive entre espazos,
entre textos e imaxes, entre tecnoloxías, entre linguas e entre
culturas, e que tamén se reflicte nas obras literarias....