Modelos, clasificacións e situación da discapacidade

Autor/a
Fernández, Bibiana Regueiro
Alonso-Ruido, Patricia
A unidade didática que se presenta forma parte da materia acción socioeducativa nas discapacidades, materia de formación optativa que se desenvolve no segundo semestre do terceiro curso do grao de Educación Social. Ten asignados 6 créditos ECTS que se desenvolven en módulos temporais de dúas horas, cunha sesión semanal expositiva e unha interactiva. Os contidos fundamentais que dan corpo a esta unidade didáctica correspóndense cos relacionados coa significación do coñecemento das discapacidades e a súa evolución.  

Ficha Técnica

Edición
1
Cidade de publicación
Santiago de Compostela
Ano publicación
2024
Serie
169 Unidades didácticas
DOI
https://dx.doi.org/10.15304/9788418445910
Dispoñibilidade
Si