LIBRARÍA DIXITAL DA USC
Problemáticas na familia da persoa con discapacidade
- Autor/a
- Regueiro, Bibiana
- Alonso-Ruido, Patricia
A figura profesional do educador e da educadora social é especialmente importante no campo das discapacidades. Dentro da materia acción socioeducativa nas discapacidades, a presente unidade didáctica céntrase nas distintas problemáticas que poden darse na familia dunha persoa con diversidade funcional. A familia constitúe un sistema aberto, cunhas funcións e tarefas básicas que favorecen o desenvolvemento da socialización dos seus membros. Ademais, no caso das persoas con capacidades diversas a familia é o primeiro e máis importante elemento de acollida.
Ficha Técnica
- Edición
- 1
- Cidade de publicación
- Santiago de Compostela
- Ano publicación
- 2024
- Serie
- 170 Unidades didácticas
- DOI
- https://dx.doi.org/10.15304/9788418445927
- Dispoñibilidade
- Si