LIBRARÍA DIXITAL DA USC
Afectividade e sexualidade das persoas con discapacidade
- Autor/a
- Regueiro Fernández, Bibiana
As actitudes da sociedade, dos familiares e dos profesionais son factores moi importantes para que as persoas con discapacidade vivan a súa vida afectiva e sexual o máis libre posible, polo que se debe fuxir dos estigmas e mitos que os converten ben en seres asexuais, ben en persoas con demasiada motivación sexual. A falta de normalización social e de recoñecemento do seu dereito á privacidade suscitan grandes impedimentos á súa intimidade e seguridade, xa que non se percibe que necesiten social, afectiva e sexualmente o mesmo que o resto das persoas. Polo tanto, é fundamental un cambio social e educativo para ofrecerlles a normalidade que precisan. Dentro da materia Acción Socioeducativa nas Discapacidades a unidade didáctica pretende contribuír ao desenvolvemento de competencias específicas e xenéricas no ámbito das diversidades funcionais e, polo tanto, ao perfil profesional do educador social.
Ficha Técnica
- Edición
- 1
- Cidade de publicación
- Santiago de Compostela
- Ano publicación
- 2024
- Serie
- 195 Unidades didácticas
- DOI
- https://dx.doi.org/10.15304/9788419155177
- Dispoñibilidade
- Si