LIBRARÍA DIXITAL DA USC
O Baixo Imperio
- Autor/a
- Suárez Piñeiro, Ana María
Nesta unidade dedicada á Roma baixoimperial abórdanse os tres últimos séculos do Imperio. O cambio que determina o novo tempo ten lugar no século III, cunha profundísima crise que cobre practicamente toda a centuria e afecta todos os ámbitos da vida. A anarquía (235-284) dará paso a un período de esperanza no que se ensaian novas solucións durante a tetrarquía dirixida por Diocleciano (284-305). Non obstante, a súa fórmula de goberno non terá continuidade e as loitas polo poder volverán da man de Constantino (305-337) e dos seus sucesores. Entramos así nun século IV marcado pola evolución do cristianismo. A defensa do paganismo ante o avance desta relixión estará presente na política da época grazas a personaxes como Xuliano (360-363) ou Teodosio (379-395). Este será, precisamente, o último emperador que manteña unificado o territorio. A partir de aquí a historia de Roma seguirá dous camiños distintos: o Imperio romano de Occidente e o de Oriente (que perdurará ata o século XV).
Ficha Técnica
- Edición
- 1
- Cidade de publicación
- Santiago de Compostela
- Ano publicación
- 2024
- Serie
- 206 Unidades didácticas
- DOI
- https://dx.doi.org/10.15304/9788419155283
- Dispoñibilidade
- Si