Lingüística xeral proxectada: discurso inaugural lido na solemne apertura do curso académico 2023-2024

Autor/a
Fernández Pérez, Milagros
Todo no ser humano está en continuo e imparable cambio. Convén aplicar visións dinámicas tanto nas maneiras de expresarse como no dominio de linguas. Bilingüismo e plurilingüismo son, neste sentido, conceptos relativos que han estimarse na biografía vital de cada quen. O selo propiamente humano da autoconsciencia (que en galego se denomina sentidiño) vai da man da liberdade para falar (ou decidir que non), como facelo, e con quen: sempre estamos a tempo de corrixir, acomodar ou recompoñer, tamén no plano verbal. Esta lección inaugural alumea diferentes esferas da lingüística xeral para proxectalas en vertentes comunicativas cotiás pero tamén en dimensións literarias e cinematográficas. O leitmotiv destas páxinas sería: lingüística xeral para todos.
Transacción
Formato
€6,00
Cantidade

Ficha Técnica

Edición
1
Cidade de publicación
Santiago de Compostela
Ano publicación
2023
Serie
71 Discursos Inaugurais
ISBN
9788419679567
Dispoñibilidade
Si