Iglesia, mentalidad y vida cotidiana en la Compostela medieval
Autor/a
Sánchez Sánchez, Xosé Manoel
A igrexa de Santiago de Compostela catalizou o desenvolvemento da
cidade circundante ao longo da Idade Media, de xeito que a
configuración do núcleo e a evolución da sociedade e economía
urbanas aparecen intimamente ligadas ao devir da propia institución.
Pero a Igrexa medieval exerce igualmente a súa influencia sobre dous
aspectos que deixaron boa pegada e cuxa atención ha ser obrigada en
canto ao principal centro urbano do reino de Galicia: a vida cotiá e
a mentalidade colectiva. Esta monografía non pon o foco na propia
existencia diaria da institución eclesiástica, nin en feitos xa
coñecidos, senón na vida da cidade mesma durante os séculos
medievais, examinando como a presenza catedralicia e episcopal, a
igrexa compostelá, afectou en comportamentos e sectores: a produción
libraria, a percepción da contorna, a consideración das idades da
vida, a relación entre os habitantes e veciños, vestidos e comidas,
a presenza do concello... Todo iso ten o seu certo e destacado matiz a
través da presenza eclesiástica. Tomarán aquí a iniciativa o mundo
urbano, as súas formas e o pensamento cotián, sobre testemuños que
permitan debullar e coñecer a vida do día a día na cidade e como a
influencia eclesiástica colaborou ou mediatizou a definición da
cotidianeidade nos séculos XII ao XV.