• Só online
  • En venta!

A medida de seguridade pospenitenciaria de liberdade vixiada

Autor/a
Pérez Rivas, Natalia
A doutrina española tiña reclamado, de forma reiterada, a creación dunha categoría de estado perigoso para imputables, argumentando que unha pena axustada simplemente á súa culpabilidade non era o instrumento axeitado para facer fronte á ameaza que representaban. De entre os diversos modelos que ofrece o dereito comparado, o lexislador español decidiuse por unha solución dualista creando a nova medida de seguridade pospenitenciaria de liberdade vixiada. Esta medida permite controlar, unha vez cumprida a correspondente pena de prisión, a aqueles delincuentes con relación aos que a prisión fracasa no seu labor de resocialización. Nesta unidade didáctica realízase unha análise xurídica desta nova medida de seguridade pospenitenciaria a efectos de poñer de relevo os principais problemas que suscita a súa regulación.

Ficha Técnica

Edición
1
Cidade de publicación
Santiago de Compostela
Ano publicación
2020
Serie
159 Unidades didácticas
DOI
https://dx.doi.org/10.15304/9788417595906
ISBN
9788417595906
Dispoñibilidade
Si