Atlas Lingüístico Galego: Volume VII. Léxico. O ser humano (II)
Autor/a
Álvarez Blanco, Rosario
Dubert García, Francisco
Sousa Fernández, Xulio César
Este volume do Atlas Lingüístico Galego é o segundo dedicado ao léxico relacionado co ser humano. En 2005 apareceu o volume V, Léxico. O ser humano (I), elaborado a partir da información dos cuestionarios referida ao campo semántico do corpo humano e constituído por 300 mapas, coas correspondentes lendas e notas. Este segundo volume contén 296 mapas de léxico tamén referido ao ser humano, aínda que de campos moito máis heteroxéneos ca os contidos no volume precedente.