A unidade didáctica denominada “Toxoplasmose, neosporose e
sarcocistose” vai dirixida a estudantes da materia Enfermidades
parasitarias II de 4º curso do Grao en Veterinaria. Esta unidade
didáctica contén información sobre os obxectivos e metodoloxía
propostas para coñecer os mecanismos patóxenos e identificar os
signos clínicos e as lesións destas protozooses nos animais, así
como as técnicas de diagnóstico para diagnosticalas e as medidas
para controlalas e previlas.