Médicos e medicamentos: que nos receitan e por que
Autor/a
Caamaño Isorna, Francisco
Figueiras Guzmán, Adolfo
Dende mediados dos anos corenta a práctica médica cambiou
radicalmente. En menos de cincuenta anos pasouse de dispoñer de
apenas unha ducia de medicamentos eficaces ao uso de miles de
moléculas con finalidade terapéutica. A explosión farmacolóxica,
da que foi responsable en boa medida a industria farmacéutica, deu
lugar a grandes avances no tratamento de enfermidades que antes eran
mortais. Hoxe a prescrición constitúe a expresión terapéutica
máis frecuente e de maior repercusión econ´omica. Nun contexto de
fonda crise económica, o importante peso do gasto farmacéutico e a
percepción de que parte deste non responde a necesidades reais son,
probablemente, os factores que sitúan o consumo farmacéutico no
punto de mira dos xestores sanitarios. Semella este, polo tanto, un bo
momento para a ollada —rigorosa e divulgativa— de dous
especialistas que nos explicarán que nos receitan os médicos e por
que.