Educación, género y dinámicas sociales diversas en el contexto
transnacional / Education, gender and diverse social processes in the
transnational context é unha monografía colectiva dirixida a unha
temática, como o título convida a intuír, sumamente complexa, á
cal orientaron as súas investigacións e puntos de vista autoras de
contextos socioculturais diversos e cun abano amplo de proxectos. O
resultado faise accesible nestas páxinas tanto para un público
especialista como para lectoras e lectores do ámbito xeral, alén do
campo de coñecemento específico dos estudos das mulleres e de
xénero. A visión conxunta das diversas achegas deste libro perfila
claramente unha preocupación común: a educación como punto clave
...