Termodinámica estadística y fenómenos de transporte: introducción y aplicaciones en química
Autor/a
Rivadulla Fernández, Francisco
As ferramentas desenvolvidas para o estudo do estado de equilibrio dun
sistema fisicoquímico (e a súa resposta ante calquera perturbación)
a partir das propiedades das moléculas ou átomos que o compoñen
constitúen a termodinámica estatística. Este manual é unha
introdución ao tratamento estatístico de fenómenos termodinámicos
usuais e relevantes en química, incluíndo procesos de non
equilibrio: transporte de materia, carga e enerxía. Dirixido
principalmente a estudantes de grao en Ciencias Químicas, Enxeñaría
e Física, o material que presenta vai máis aló do que se trata
nunha materia cuadrimestral de grao, co obxectivo de facelo atractivo
a cursos introdutorios de máster ou a investigadores en formación
que se aproximen por primeira vez a esta disciplina. Para o seu mellor
aproveitamento didáctico, o manual incorpora destaques con
recordatorios de conceptos matemáticos e físicos e unha colección
de problemas resoltos ao final de cada capítulo.