No ano 1928 a Unión Astronómica Internacional estableceu en 88 o
número oficial das constelacións. Porén, dende a nosa latitude non
todas poden observarse e aínda así, entre as visibles, unhas teñen
formas máis fáciles de identificar que outras e maior brillo e, polo
tanto, son moito máis coñecidas pola xente.Nesta pequena guía temos
seleccionado precisamente aquelas máis familiares para todos nós,
trinta en total entre as que están as doce do zodíaco, é dicir,
aquelas polas que pasa o sol ó longo do ano.Aparte de facer unha
sinxela descripción de cada unha delas, indicamos asimesmo aqueles
obxetos do ceo profundo que, maioritariamente coa axuda do telescopio
ou nos casos máis favorabeis con prismáticos, podemos contem...