A análise das fontes exploradas en Reginae Iberiae. El poder regio
femenino en los reinos medievales peninsulares —crónicas,
documentos, sepulcros e selos medievais— estimulou estudos
particulares e reflexións de conxunto sobre diversos aspectos ligados
á figura das raíñas e, en menor medida, infantas, nos reinos
ibéricos entre os séculos XI e XV. Con todo, estas páxinas non só
rescatan e reactualizan certas figuras femininas da realeza medieval,
senón que formulan novas interrogantes e propostas de análise sobre
o tema. Abordando cuestións como as casas das raíñas, as súas
prácticas devocionais e culturais ou a súa memoria pétrea, esta
obra analiza fundamentalmente o poder rexio feminino....