A USC, a través do seu Instituto de Criminoloxía (ICUS), leva máis
de trinta anos impartindo docencia en criminoloxía, a través de
sucesivos plans de estudo de títulos propios, e de materias
optativas, primeiro na Licenciatura e agora no Grao en Dereito. E nun
futuro próximo aspira a impartir o Grao en Criminoloxía, título
oficial xa implantado en varias universidades españolas.Con este
Vocabulario de criminoloxía pretendemos recoller os conceptos
básicos dos diversos ámbitos das ciencias criminolóxicas, e
divulgar as súas denominacións en galego, español e inglés, para
ofrecerllo ao alumnado, profesorado e profesionais desta
disciplina....