Estas páxinas adéntranse no estudo e edición dunha das escasas
mostras do teatro colexial xesuíta na Galicia do século XVI,
composto en verso e prosa, e redactado en castelán, latín,
portugués e galego. A obra, que foi representada no Colexio de
Monterrei (Ourense), o 8 de decembro de 1581, é unha égloga anónima
en tres actos, escenificada trala recente unificación dos reinos de
España e Portugal, que dramatiza os festexos pola Concepción da
Virxe e pola paz, baixo a forma de confluencia de xentes das comarcas
do sur de Galicia para participar neles con certames poéticos ao
estilo pastoril, con entreacto de distribución de premios e entremés
de viláns....