Corpos exorbitantes: Rosalía de Castro, tradutora feminista, en diálogo con Erín Moure
Autor/a
Reimóndez, María
Estas páxinas afondan na recuperación de Rosalía de Castro como
tradutora feminista en diálogo coa canadense Erín Moure. Dende o
punto de partida que ofrecen as teorías feministas e poscoloniais da
tradución e utilizando como base o traballo pioneiro de María do
Cebreiro Rábade Villar, a autora analiza o marco e estratexias polas
cales estas dúas tradutoras se fn donas dos seus textos. Ambas
traducen senllos autores (Rosalía de Castro o autor español Ventura
Ruiz Aguilera e Erín Moure a Fernando Pessoa/Alberto Caeiro)
explorando a capacidade ética e política da tradución. Neste
fascinante proceso de análise descubrimos una nova cara de Rosalía
de Castro, que demostra non só ser pioneira tamén na tradución,
senón utilizar estratexias parellas ás de Moure que, aínda un
século despois, seguen resultando revolucionarias. Corpos
exorbitantes pretende, a través destas dúas figuras sobranceiras,
botar luz sobre o potencial transformador da tradución á hora de
establecer discursos críticos a respecto do mundo que habitamos e
sobre a necesidade de destapar o discurso heteropatriarcal e colonial
dominante que alicerza todas as demais violencias.