A procura da liberdade creativa e a apertura á alteridade
intercultural, constantes en José Ángel Valente, están ensambladas
na súa vida e na súa obra. Valente infinito tivo como constante dous
eixos fundamentais ao redor dos cales xira todo o variado material
deste libro: o da liberdade creativa e o das conexións
interculturais, ambos os dous esencial e necesariamente
interdisciplinares. Xa que logo, reúnense en Valente infinito moi
diversos traballos en xénero, extensión e procedencia xeográfica,
pois algúns foron capítulos de libro, introducións de edición,
artigos de revista, escritos de prensa ou relatorios de simposio,
publicados ou pronunciados en diferentes lugares e en distintas
linguas. Todo iso consígnase ao final...