Viaxeiro infatigable, profundo admirador e analista da paisaxe,
minucioso investigador, docente recoñecido e entusiasta, a
polifacética obra de Augusto Pérez Alberti —científica,
divulgativa, didáctica, académica, colaborativa…— esténdese ao
longo de corenta anos, nos que o seu nome foi acuñándose como
imprescindible referencia da moderna xeomorfoloxía e a análise da
paisaxe xeográfica, ao punto de ter sido un dos factores máis
relevantes no estímulo e configuración da nova titulación de
Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela. Co gallo da
xubilación do mestre, máis de cincuenta colegas, colaboradores,
discípulos e amigos, pertencentes a unha vintena de universidades e
outros organismos, concítanse nas...