Cultura e humor: homenaxe a Celestino Fernández de la Vega (1914-1986), XII Curso de Primavera, Lugo, 19-22 de abril de 2016
Coordinador/a
Vázquez Lobeiras, María Xesús
Veiga Rodríguez, Alexandre
No ano 2016 a Facultade de Humanidades da Universidade de Santiago de
Compostela, Campus de Lugo, decidiu adicar a XII edición do seu Curso
de Primavera a Celestino Fernández de la Vega co gallo do trixésimo
aniversario do seu pasamento no ano 1986. Mais a homenaxe á persoa
realizouse mediante a reactivación do seu tema. Os Cursos de
Primavera da Facultade de Humanidades definíronse sempre como unha
actividade interdisciplinar. A praxe, ao longo da súa meritoria
historia de máis dunha década, consiste en convocar o profesorado da
Facultade, que compón de seu unha comunidade interdisciplinar, a
participar neles mediante a proposta dun tema cun enfoque amplo
dabondo como para que se poida abordar con xeito dende a óptica de
cada unha das áreas de coñecemento presentes na Facultade.
Normalmente, cóntase tamén con profesorado convidado doutras
universidades. Nesta ocasión, os organizadores do evento, a profesora
María Xesús Vázquez Lobeiras e o profesor Alexandre Veiga
Rodríguez, cursaron a convocatoria baixo a rúbrica «Cultura e
Humor». O curso celebrouse no seu momento con éxito e ten como
ulterior froito este libro, no que algúns dos participantes nos
brindan os seus textos e as súas reflexións sobre o humor, evocando
unha e outra vez o orixinal punto de partida de Celestino Fernández
de la Vega, o gran descubridor da envergadura filosófica do tema.

cada un...