O interese mostrado por José Ángel Valente cara aos formatos
literarios que se inclúen baixo a denominación de «xéneros do
eu», «cartas, diarios, memorias, confesións e autobiografías», en
tanto que obxecto de reflexión teórica, dentro da súa produción
ensaística, como tamén debido á súa presenza entre os textos de
creación poética e narrativa, vencéllase a unha paralela
inclinación polas variables conceptuais que ofrece a problemática
filosófica da identidade, nucleares en todas as facetas da súa
escritura. Os diferentes niveis de emerxencia do eu creativo, que se
atreve a mostrarse desprotexido do escudo da ficcionalidade, admiten
unha lectura en tanto que formas históricas de expresión creativa
interpretadas, ...