• En venta!

O campo en movemento: o papel do sindicalismo labrego no rural galego do tardofranquismo e da transición (1964-1986)

Autor/a
Díaz-Geada, Alba
Este traballo é un primeiro achegamento ó estudo da acción colectiva no rural galego do tardofranquismo e da primeira etapa en democracia. O texto vai barallando unha serie de preguntas que poderían sentar en tres vagóns intercomunicados. Primeiro, os motivos que levan un grupo de xente a mobilizarse nun determinado momento e lugar e non noutros, no contexto político e económico da Galiza dos últimos tempos da ditadura e da transición. Entrando logo no estudo das organizacións, explícase a xénese dos diferentes sindicatos labregos e a socioloxía dos axentes que os promoven: como len a realidade, que reivindican e de que maneira o fan. Reflexionando sobre a relación entre organizacións e partidos políticos, compróbase se as primieras funcionan ou non como correas transmisoras de ideoloxía para as bases campesiñas, e formúlase tamén que poden ter de substrato e que de novidade respecto do agrarismo de preguerra. Por fin, mirando desde abaixo, a investigación interrógase polas motivacións dos labregos e labregas, o seu grado de politización e a maneira en que se perciben e son percibidos, atendendo ós cambios sque se observan nestas décadas. Este libro é, grazas a montes e moreas de gardiáns de papeis, confiadores de experiencias e compartidores de palabras. Os e as. No tempo histórico, desde os que a animan, partiacipan, rexeitan ou descoñecen, iremos debullando interrogantes sobre a mobilización labrega na Galiza do tardofranquismo e a transición.
Transacción
Formato
€12,00
Cantidade

Ficha Técnica

Edición
1
Cidade de publicación
Santiago de Compostela
Editorial
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Ano publicación
2011
Nº de paxinas
214
Serie
Publicacións da Cátedra Juana de Vega. Cadernos de Investigación
Dispoñibilidade
Si