Ben cumprida unha década despois do primeiro Curso de Primavera
cervantino celebrado na Facultade de Humanidades, volvemos a toma-la
pluma para renovar aquel tributo conmemorativo, esta vez endereitado
á Segunda Parte, cuxo cuarto centenario nos convocou en Lugo en abril
de 2015. No noso ánimo estaba honra-la memoria do Enxeñoso cabaleiro
don Quixote da Mancha con renovados bríos, propios de quen no cultivo
das Humanidades loitan día a día en pro de quimeras aínda vixentes
e que non se poden pasar por alto: ensinar, aprender, gozar das artes,
soñar tempos mellores......