Edward Sapir é unha figura rutilante na historia da Lingüística. De feito, xa coetáneos e discípulos do autor debuxaron un temperamento de «home cativador, suxestivo e entusiasta». A pegada de Sapir é indeleble na lingüística americana e o seu legado, unha fonte na que bebe a lingüística máis recente de todas as latitudes.