Recollendo as investigacións dos grandes zoólogos e botánicos anteriores a el, así como achegas en xeoloxía e paleontoloxía, Darwin constrúe a súa sólida hipótese evolutiva. Sorprende agora coma sempre a multitude de datos considerados polo autor e extraídos do mundo dos seres vivos, tanto animais como vexetais, en moitos casos froito da súa propia experiencia.