LIBRARÍA DIXITAL DA USC
Valente epistolar: correspondencia de José Ángel Valente con sus amistades
A numerosa correspondencia que se custodia na Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela está composta por cartas, postais, telegramas e faxes que o poeta recibiu ou, en copia, enviou ao longo da súa vida. Estas páxinas centran o foco no Valente epistolar a través do estudo de material inédito de catorce relacións epistolares. Entre esta correspondencia destacan autores como Luis Cernuda, o filósofo catalán Ramon Xirau ou o tamén filósofo e ensaísta colombiano Rafael Gutiérrez Girardot; escritores galegos como Vicente Risco, Rafael Dieste e a súa esposa Carmen Muñoz Manzano; Antón Risco, fillo do anterior Risco e compañeiro de Valente ou Camilo José Cela, quen o editou e prologou a súa obra poética. Un terceiro bloque está composto por profundas amizades de Valente como Edmond Jabès, Emilio Adolfo Westphalen e Juan Gelman.
Ficha Técnica
- Edición
- 1
- Cidade de publicación
- Santiago de Compostela
- Ano publicación
- 2022
- Nº de páxinas
- 378
- Serie
- 7 Publicaciones de la Cátedra "José Ángel Valente" de Poesía y Estética
- ISBN
- 9788419155313
- Dispoñibilidade
- Si