LIBRARÍA DIXITAL DA USC
Edición de imaxe e son
- Autor/a
- Rios-Rodríguez, Raul
A unidade didáctica Edición de imaxe e son pertence á materia tecnoloxías para a comunicación, correspondente ao primeiro curso do grao en Xornalismo. O principal obxectivo desta unidade didáctica é capacitar o alumnado para o manexo de software de edición audiovisual AVID. Así, o presente documento aborda todas as operacións básicas necesarias para editar unha peza informativa audiovisual, desde a creacion do proxecto e a importación dos brutos até a exportación do produto final; facendo uso de exemplos prácticos. Alén dos contidos curriculares, a presente unidade didáctica tamén inclúe unha proposta metodolóxica para desenvolver a materia, unha proposta de actividades e unha ferramenta de avaliación. Pretende así ser unha guía útil tanto para o estudantado como para as e os docentes.
Ficha Técnica
- Edición
- 1
- Cidade de publicación
- Santiago de Compostela
- Ano publicación
- 2024
- Serie
- 173 Unidades didácticas
- DOI
- https://dx.doi.org/10.15304/9788418445958
- Dispoñibilidade
- Si