LIBRARÍA DIXITAL DA USC
O teatro de Lope de Vega
- Autor/a
- Tacón García, Antía
- Alonso Veloso, María José
Esta sétima unidade da materia «Literatura española do século XVII: teatro e prosa» afonda na obra dramática de Lope de Vega, iniciador da «comedia nueva» e, polo tanto, da renovación teatral que marcou un antes e un despois na historia deste xénero nos países de fala hispana. Unha vez establecidos os conceptos e postulados teóricos máis relevantes con respecto ao teatro barroco, en particular os que Lope expón na súa peculiar poética dramática Arte nuevo de hacer comedias (1609), examínase a produción concreta deste autor. Con esa fin, analízanse dúas comedias paradigmáticas, Fuente Ovejuna e El caballero de Olmedo, atendendo á súa xénese e publicación; aos seus temas e trazos fundamentais; e á súa interpretación e recepción ao longo da historia, incluíndo a visualización de diversas postas en escena de carácter recente.
Ficha Técnica
- Edición
- 1
- Cidade de publicación
- Santiago de Compostela
- Ano publicación
- 2024
- Serie
- 190 Unidades didácticas
- DOI
- https://dx.doi.org/10.15304/9788419155122
- Dispoñibilidade
- Si