Experimentación animal: principios xerais, aspectos éticos e legais

Autor/a
Melgar Riol, María Julia
Esta unidade didáctica, desde o punto de vista teórico e práctico, pretende xustificar a necesidade de realizar experimentación animal no ámbito da biomedicina. De forma sucinta, recóllese a súa historia e evolución ata os nosos días, dando a coñecer os principios xerais polos que se rexe para conseguir resultados validados. Tamén, preténdese concienciar acerca do benestar animal (bioética), incorporando a normativa lexislativa actualizada para o traballo in vivo. Finalmente, impúlsase o desenvolvemento de métodos alternativos (sistemas biolóxicos in vitro) de acordo co principio dos «3 R»: relevar, reducir e refinar.

Ficha Técnica

Edición
1
Cidade de publicación
Santiago de Compostela
Ano publicación
2024
Serie
194 Unidades didácticas
DOI
https://dx.doi.org/10.15304/9788419155160
Dispoñibilidade
Si