LIBRARÍA DIXITAL DA USC
A consideración tradicional da paisaxe desde a ordenación: espazos naturais protexidos e patrimonio histórico-artístico
- Autor/a
- Vila Lage, Roberto
- Paül Carril, Valerià
Segunda unidade didáctica da materia Xestión Territorial da Paisaxe, de carácter obrigatorio no cuarto curso do grao en Xeografía e Ordenación do Territorio. Se a materia no seu conxunto se dirixe a ofrecer unha casuística da consideración da paisaxe en distintos tipos de planificación, esta unidade en particular incide nos mecanismos clásicos e tradicionais neste sentido, nomeadamente de tipo protector e conservador. Deste xeito, esta unidade escolma particularmente procedementos de traballo coa paisaxe habituais na época previa á sinatura do Convenio Europeo da Paisaxe (CEP) no ano 2000. Porén, perviviron após, coexistindo cos mecanismos renovados derivados do CEP. Así, a continuidade post-2000 das políticas de paisaxe anteriores ao CEP é unha das razóns que motivan a formulación desta unidade.
Ficha Técnica
- Edición
- 1
- Cidade de publicación
- Santiago de Compostela
- Ano publicación
- 2024
- Serie
- 210 Unidades didácticas
- DOI
- https://dx.doi.org/10.15304/9788419155481
- Dispoñibilidade
- Si