Simulación no cálculo de probabilidades: unha aplicación a ránkings de páxinas web

Autor/a
Rodríguez Casal, Alberto
Saavedra Nieves, Alejandro
Saavedra Nieves, Paula
O termo probabilidade adoita usarse coloquialmente para referirnos ao grao de certeza no resultado dun experimento antes da súa realización. Para cuantificar a probabilidade podemos empregar a experiencia empírica previa a ese experimento. Así, se xa se ten observado antes, poderiamos calcular as frecuencias relativas asociadas aos resultados posibles (número de veces que obtemos un resultado dividido entre o número de repeticións) como fonte de información sobre a certeza do que ocorrerá nunha realización futura do experimento.

Ficha Técnica

Edición
1
Cidade de publicación
Santiago de Compostela
Ano publicación
2023
Serie
44 Esenciais
Dispoñibilidade
Si