Andalucía en su paisaje lingüístico: lenguas, signos y hablantes

Coordinador/a
Garrido Martín, Blanca
Pons Rodríguez, Lola
Este monográfico preséntase como unha das contribucións científicas máis recentes no ámbito da paisaxe lingüística hispana; deriva do proxecto «Paisaje lingüístico andaluz: evaluación y observación cartográfica» PLANEO (P20-00640; Plan Andaluz de Investigación, Desarrollo e Innovación). Nel recóllense un total de sete traballos de investigación centrados nas manifestacións lingüísticas en contornas urbanas de distintas provincias da comunidade autónoma de Andalucía e nos que o lector poderá observar unha metodoloxía similar, aplicada por distintos autores e desde diferentes perspectivas (contrastiva, histórica, sociolectal). Leccións de historia urbana, historia da lingua, lingüística da inmigración ou análise do discurso son extraídas deste conxunto de páxinas baseadas na observación do presente plurilingüe dun territorio sen lingua cooficial, pero con retos educativos, integradores e de mobilidade propios dun espazo humanamente plural e en continuo cambio.

Ficha Técnica

Edición
1
Cidade de publicación
Santiago de Compostela
Ano publicación
2024
Serie
85 Verba : Anuario Galego de Filoloxía. Anexos, ISSN 2341-1198
DOI
https://dx.doi.org/10.15304/9788419679925
Dispoñibilidade
Si