• Novo

Aproximación diagnóstica ao cólico equino

Autor/a
Fernández Villa, Candela
Os problemas gastrointestinais son moi frecuentes na clínica equina, e é o cólico equino a urxencia máis común. O termo cólico emprégase para nomear unha síndrome caracterizada fundamentalmente por dor abdominal aguda, aínda que en ocasións pode estar causada por problemas non gastrointestinais. Non é unha enfermidade específica nin un diagnóstico final; só representa as manifestacións de alteración do comportamento, producidas por dor abdominal aguda. En ocasións o cólico pode comprometer a vida do animal, de xeito que é un dos problemas médicos máis graves para o animal e máis custosos para o seus propietarios. Por isto, o proceso diagnóstico debe ser rápido, e incluso moitas veces, debe instaurarse un tratamento sen chegar a ter un diagnóstico definitivo.

Ficha Técnica

Edición
1
Cidade de publicación
Santiago de Compostela
Ano publicación
2024
Serie
Unidades didácticas
DOI
https://dx.doi.org/10.15304/9788419679635
Dispoñibilidade
Si