• Novo

O rural como espazo de produción

Autor/a
Boga González, Rubén
Nesta unidade didáctica, achegarémonos ao rural desde a perspectiva baixo a que tradicionalmente se considerou na xeografía académica: coma un espazo produtivo, no que a agricultura toma un rol central. Esta consideración é produto da gran capacidade que mantén a agricultura para modelar este tipo de espazos, pola súa interacción directa co ambiente e as paisaxes (tema que voltará a aparecer na unidade V), pola súa influencia sobre outras actividades económicas e, en fin, polo seu vínculo directo co concepto de sustentabilidade. Asemade, a agricultura posúe unha importancia capital como base da alimentación e nutrición humana, a cal aínda supón un desafío global. Para entender as configuracións produtivas dos espazos rurais, a presente unidade didáctica divide os seus contidos en dous bloques fundamentais: por unha banda, achégase ao modelo dominante de produción integrado no sistema capitalista global: o produtivismo; pola outra banda, amosa toda unha serie de prácticas alternativas que en maior ou menor medida se afastan do primeiro modelo.

Ficha Técnica

Edición
1
Cidade de publicación
Santiago de Compostela
Ano publicación
2024
Serie
Unidades didácticas
DOI
https://dx.doi.org/10.15304/9788419679642
Dispoñibilidade
Si