LIBRARÍA DIXITAL DA USC
A fase cero dun deseño metodolóxico
- Autor/a
- Botana Iglesias, Cristina
Esta unidade didáctica pertence á materia Metodoloxía de Investigación, impartida no primeiro curso do mestrado de Planificación e Xestión Territorial. Trátase dunha materia optativa cunha carga lectiva de 3 créditos ECTS. A unidade didáctica IV desenvolve os contidos referentes ao deseño metodolóxico a partir dos enfoques que necesariamente definimos nunha investigación. Antes de afondar nas técnicas e instrumentos de investigación que veremos máis adiante, cómpre detérmonos a formularmos unha reflexión complexa sobre os obxectivos do noso traballo e os enfoques e posicionamentos epistemolóxicos cos que nos aproximamos ao ámbito de estudo.
Ficha Técnica
- Edición
- 1
- Cidade de publicación
- Santiago de Compostela
- Ano publicación
- 2024
- Serie
- Unidades didácticas
- DOI
- https://dx.doi.org/10.15304/9788419679659
- Dispoñibilidade
- Si