- Novo
LIBRARÍA DIXITAL DA USC
Taxonomía integrativa de las babosas del género 'Arion' (Gastropoda: Arionidae) de la Península Ibérica
- Autor/a
- Castillejo, José
- Baselga, Andrés
- Lorenzo-Carballa, M. Olalla
- Iglesias, Javier
- Gómez Rodríguez, Carola
Esta monografía desenvolve un exhaustivo estudo morfolóxico, anatómico, molecular e sistemático dos ariónidos da Península Ibérica. O estudo anatómico e morfolóxico realizouse incorporando topotipos (é dicir, exemplares recollidos nas localidades tipo da especie) de todas as especies de lesmas do xénero Arion descritas na Península Ibérica desde que existen rexistros documentados. En todas as localidades tipo intentouse recoller exemplares en diferentes fases de desenvolvemento e en distintas épocas do ano. A mostraxe abrangue dende 1980 ata 2018 e foi máis intensa naquelas localidades nas que potencialmente coexisten varias especies de Arion ou onde se recolleron os exemplares tipo das distintas especies. Durante estes case corenta anos recolléronse máis de 5000 espécimes, fotografados, anestesiados e conservados in situ. A súa determinación específica baseouse na morfoloxía externa de xuvenís e adultos e na anatomía do aparello xenital e das estruturas adxacentes. Ademais, a partir de 2015 realizouse a recollida de exemplares co obxectivo de estudar as relacións evolutivas entre as distintas especies. Esta monografía compleméntase coa edición dixital en acceso aberto de láminas non incluídas na edición impresa.
Ficha Técnica
- Edición
- 1
- Cidade de publicación
- Santiago de Compostela
- Ano publicación
- 2025
- Nº de paxinas
- 389
- Serie
- Outras Publicacións
- ISBN
- 9788410142404
- Dispoñibilidade
- Si