• Novo

Libro de artista vs. libro obxecto

Coordinador/a
García-Pedreira, Rocío
Lorenzo-Otero, Juan Luis
Franco-Vázquez, Carmen
Libro-obxecto e libro de artista son dous conceptos que se empregan moitas veces como sinónimos porque a arte está presente neles. Para intentar profundar no coñecemento deste campo e das obras que con el se vinculan, o presente monográfico recolle diversos estudos que teñen como fío condutor as relacións entre arte e literatura. Así, preténdese entender cales son as características que diferencian o libro-obxecto do libro de artista, mais tamén interesan os puntos de converxencia, como pode ser a presenza da arte ou de estratexias mecánicas que aumentan a interactividade deses produtos culturais, aqueles aspectos que tecen pontes e abren camiños para o estudo de vellas e novas propostas.

Ficha Técnica

Edición
1
Cidade de publicación
Santiago de Compostela
Ano publicación
2025
Serie
29 Materiais Didácticos
DOI
https://dx.doi.org/10.15304/md.2025.1800
Dispoñibilidade
Si