O sector da comunicación está a experimentar fortes transformacións, lideradas por grandes compañías tecnolóxicas de ámbito global. As denominadas plataformas dixitais, como as GAFAN (Google, Amazon, Facebook, Apple e Netflix), constitúen un novo tipo de empresa que asenta o seu modelo de negocio sobre un novo valor, a xestión dos datos. A súa irrupción, ademais, sacode de forma transversal o funcionamento do resto de empresas do ámbito do audiovisual e do xornalismo.