Este manual reúne os contidos e métodos de traballo relevantes nun programa introdutorio de termodinámica clásica, utilizando unha presentación accesible da teoría e dos procedementos nos que o autor, grazas á súa prolongada experiencia docente, comprobou que os estudantes teñen máis dificultades. Entre outras axudas didácticas, inclúense listas dos conceptos fundamentais, cuestións teóricas, exemplos numéricos resoltos e comentados, consellos sobre boas prácticas, etc. A base matemática indispensable é recordada en epígrafes específicas, co nivel necesario para traballar con rigor pero sen estendela a temas avanzados, que poden pospoñerse a unha eventual segunda revisión da materia, nun curso de posgrao ou máster. O