• Só online
  • En venta!

Introducción a la termodinámica clásica

Autor/a
Carrazana García, Jorge Antonio
Este manual reúne os contidos e métodos de traballo relevantes nun programa introdutorio de termodinámica clásica, utilizando unha presentación accesible da teoría e dos procedementos nos que o autor, grazas á súa prolongada experiencia docente, comprobou que os estudantes teñen máis dificultades. Entre outras axudas didácticas, inclúense listas dos conceptos fundamentais, cuestións teóricas, exemplos numéricos resoltos e comentados, consellos sobre boas prácticas, etc. A base matemática indispensable é recordada en epígrafes específicas, co nivel necesario para traballar con rigor pero sen estendela a temas avanzados, que poden pospoñerse a unha eventual segunda revisión da materia, nun curso de posgrao ou máster. O contido abrangue desde os conceptos básicos e as catro leis da termodinámica, ata as definicións de enerxía libre e potencial químico, deixando o camiño preparado para a posterior aplicación da termodinámica clásica ao equilibrio químico, de fases, superficial, de electrodo e outros tópicos de interese en Química, Enxeñaría e titulacións afíns.
Transacción
Formato
€22,00
Cantidade

Ficha Técnica

Edición
1
Cidade de publicación
Santiago de Compostela
Ano publicación
2019
Serie
21 USC Editora. Manuais
ISBN
9788417595326
Dispoñibilidade
Si