Que sería das nosas traxedias se un insecto nos presentara as súas? No comezo da era ambiental, a especie humana a especie humana ten un efecto devastador sobre os hábitats naturais e, en consecuencia, contribúe a acelerar a extinción de numerosas especies. Somos, como se dixo, unha anormalidade ambiental. Estamos arrinconando ou botando do planeta, da casa común, aos nosos socios, que son as demais formas de vida. Aínda non comprendemos que debemos deixar de usar a superficie do planeta coma se fose exclusivamente noso. Non o é: pertence ao conxunto de ecosistemas que prestan servizo a toda a Terra. En Los lugares secretos de los insectos o autor aproxímanos ao micromundo destes pequenos grandes seres, lémbranos que aínda estamo