La ley aplicable a la titularidad original de los derechos de
propiedad intelectual sobre las obras creadas en el marco de una
r
Autor/a
Maseda Rodríguez, Javier
Esta monografía ten por obxecto a determinación da lei aplicable á
titularidade orixinal dos dereitos de propiedade intelectual sobre
unha obra creada no marco dunha relación laboral. Nela analízanse os
argumentos que aconsellan a súa identificación a partir dunha
conexión accesoria vinculada á lei reguladora do contrato de
traballo, como é a lex laboris, ou facelo a partir da lei reguladora
dos dereitos de propiedade intelectual, basicamente, a lex loci
protectionis. E todo iso, a través dun estudo separado dos dereitos
morais e patrimoniais de propiedade intelectual no contexto dunha
relación laboral, en tanto que a súa diferente natureza pode
aconsellar, así mesmo, unha resposta conflictual tamén diferenciada.
A monografía analiza, con gran profusión de práctica
xurisprudencial e apoiatura doutrinal, as distintas (e diverxentes)
posicións normativas, prácticas e doutrinais sobre a materia,
ocupándose, especialmente, da recepción no ordenamento xurídico
español de normativas como o art. 11 (2) Copyright, Designs and
Patent Act 1988 inglesa, o art. 7 LPI holandesa, ou a figura dos works
made for hire da secc. 201.b, par. 17, Copyright Act 1976 americana,
propias dos sistemas de copyright e estrañas á tradición na que se
insire o dereito español.

A monografí...