A Teoría do Dereito é unha indagación filosófica sobre a natureza
e os caracteres do dereito, e como tal é unha parte da Filosofía do
Dereito, que se interesa polo fenómeno xurídico en xeral. O dereito
é unha realidade complexa: consiste fundamentalmente en normas que
regulan condutas e organizan a vida social, pero tamén en feitos e
ideais asociados a ditas normas, coas cales interactúan. Estes feitos
son as prácticas individuais e sociais de creación, identificación,
interpretación, seguimento e aplicación das normas xurídicas. Os
ideais son os fins e valores que os partícipes nesas prácticas
queren satisfacer con elas. Por tanto, comprender e analizar a
natureza e os caracteres do dereito require estudar conxuntamente ...