El desafío de la creatividad é unha viaxe intelectual arredor do mundo da creatividade, desde unha visión dela pegada ao razoamento non dedutivo ordinario, concretamente á obtención das conxecturas chamadas especulacións que, dedutivamente salvaxes, conducen á indución, como as hipóteses o fan á abdución e as consecuencias á lóxica dedutiva. O ensaio quere servir de guía e estímulo para que a lectora ou o lector reflexione sobre o desafío que, maiormente de tipo computacional, a creatividade plantea á ciencia. Un desafío que require, en opinión do autor, a transformación dos actuais estudos sobre o razoamento ordinario ou de sentido común nunha ciencia empírica, á vez teórica e experimental: unha física da linguaxe