A patria enteira: Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández
Editor/a literario/a
Axeitos, Xosé Luís
Grandío Seoane, Emilio
Villares, Ramón
O tránsito cara á jubilatio dun profesor universitario é un momento
ideal para facer un alto no camiño e convocar a colegas e discípulos
a unha celebración especial, idea que mobilizou a persoas e
institucións a promover, crear e editar este libro homenaxe ao
profesor Xosé Ramón Barreiro Fernández.Na biografía intelectual do
homenaxeado sobrancean certas características que cómpre
suliñar.Trátase, ante todo, dun historiador vocacional e de raza,
cunha obra publicada de enorme amplitude e calidade, que abrangue
moitos eidos do saber histórico. Dende os anos oitenta, o seu labor
de investigación deseña dúas grandes liñas de traballo. Dunha
banda, a historia da vida política de Galicia, nomeadamente no
século XIX -que o levou a indagar o proceso de formación das grandes
correntes ideolóxicas e políticas da Galicia dos séculos XVIII e
XIX-, a historia das eleccións parlamentarias, o funcionamento do
caciquismo e as biografías dos principais líderes políticos.
Doutra, a histoira cultural e institucional, na que, tamén ao carón
de moitos artigos especializados, cómpre salientar unha sere de
publicacións sobre a historia da prensa e da imprenta en Galicia, en
especial no século XIX, con resultados que están na liña de grandes
estudosos como Soto y Freire ou Antonio Odriozola. De par deste
inxente labor investigador, habería que situar a dedicación de
Barreiro á alta divulgación da historia moderna e contemporánea de
Galicia, coa redacción e edición de títulos que hoxe son referentes
obrigados e indispensables. Como docente, e por máis que a docencia
deixe escasas pegadas materiais, susceptibles de seren cuantificadas,
de Barreiro fica en pé unha unánime imaxe que, a fin de contas, é a
base do valor que máis se aprecia e menos se pode definir no mundo
universitario: o prestixio. Finalmente, a dimensión de Xosé Ramón
Barreiro esténdese aínda a outro eido, que encaixa moi ben co abeiro
institucional ao que se acolle este libro. Trátase da súa condición
de ter sido un parceiro esencial de moitas institucións culturais
galegas, desde os seus tempos mozos (Patronato Rosalía de Castro,
Centro de Estudos Xacobeos) ata a época de plenitude vital e madurez
intelectual, na que se incorporou ás primeiras institucións galegas,
desde o Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento" -do que foi
secretario nos anos 1973-1983-, ao Consello da Cultura Galega desde a
súa creación en 1983 e, nomeadamente, á Real Academia Galega, na
que ingresou en 1997 e da que é o seu presidente desde 2001.Pero
alén do universitario, do docente e do investigador, está o
intelectual e cidadán consciente de que pertencer a unha cultura e a
unha patria como Galicia comporta paixón e compromiso, vontade de
adoptar unideal, forza par defendelo e decisión de transmitila aos
seus contemporáneos.
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Ano publicación
Serie
Homenaxes
Dispoñibilidade
Si
O tránsito cara á jubilatio dun profesor universitario é un momento
ideal para facer un alto no camiño e convocar a colegas e discípulos
a unha celebración especial, idea que mobilizou a persoas e
institucións a promover, crear e editar este libro homenaxe ao
profesor Xosé Ramón Barreiro Fernández.Na biografía intelectual do
homenaxeado sobrancean certas características que cómpre
suliñar.Trátase, ante todo, dun historiador vocacional e de raza,
cunha obra publicada de enorme amplitude e calidade, que abrangue
moitos eidos do saber histórico. Dende os anos oitenta, o seu labor
de investigación deseña dúas grandes liñas de traballo. Dunha
banda, a historia da vida política de Galicia, nomeadamente no
século XIX -que o l...