O inmigrante imaxinario: Estereotipos, representacións e identidades dos galegos na Arxentina (1880-1940)
Autor/a
Núñez Seixas, Xosé Manuel
Esta monografía pretende enfocar a historia da emigración galega
dende unha perspectiva diferente, malia non exenta de precedentes,
como é a análise das identidades, dos discursos e dos estereotipos
arredor do inmigrante galego nun marco espacial concreto (Arxentina, e
de xeito predominante a cidade de Bos Aires) e nun marco temporal
definido no propio subtítulo. Como tal, é unha aposta arriscada,
aínda que non carente de paralelos e fontes de inspiración noutros
estudos monográficos sobre o imaxinario dos emigrantes noutras
latitudes (EE.UU. ou a mesma Arxentina). Máis que contribuír a
encher un oco temporal ou temático, que é o que máis se estila
polos lares historiográficos ibéricos, o ensaio que o lector ten nas
mans aspira a plantexar interrogantes, a abrir novos eidos temáticos
e a reler, ou cando menos ler con outros ollos, unha boa parte das
fontes. Endalí que non se conciba como unha obra pechada, senón como
un primeiro avance nun terreo polo que, sen dúbida, cumprirá seguir
a progresar.