• En venta!

Geografías literarias: un itinerario (inter)cultural por Galicia

Autor/a
Núñez Sabarís, Xaquín
Geografías literarias. Un itinerario (inter)cultural por Galicia é un caderno dirixido a estudantes de ELE que aborda a aprendizaxe comunicativa e intercultural a partir de tarefas que teñen como centro o texto literario. As catro unidades didácticas que compoñen o caderno inspíranse na referencialidade universal de Santiago de Compostela e ofrecen un percorrido xeográfico e cultural pola Galicia contemporánea, poñendo de relevo a eficacia da literatura para comprender e interpretar a organización e configuración das sociedades de hoxe en día. Todo isto, dende escritores e obras que pertencen ao canon da literatura galega, constatando a condición diversa, plurilingüe e intercultural da cultura hispánica. A incuestionable contribución de Rosalía de Castro, Manuel Rivas, Suso de Toro, Yolanda Castaño ou Álvaro Cunqueiro ao canon literario hispánico permite adoptar a súa obra como input significativo e axeitado para consolidar as diversas competencias que subxacen no ensino de ELE, tendo en conta a dimensión autónoma, social e cooperativa da aprendizaxe.
Transacción
Formato
€18,00
Cantidade

Ficha Técnica

Edición
1
Cidade de publicación
Santiago de Compostela
Editorial
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Ano publicación
2018
Nº de paxinas
118
Serie
USC Editora. CELE (Cuadernos de Español como Lengua Extranjera)
ISBN
9788416954735
Dispoñibilidade
Si