Geografías literarias: un itinerario (inter)cultural por Galicia
Autor/a
Núñez Sabarís, Xaquín
Geografías literarias. Un itinerario (inter)cultural por Galicia é
un caderno dirixido a estudantes de ELE que aborda a aprendizaxe
comunicativa e intercultural a partir de tarefas que teñen como
centro o texto literario. As catro unidades didácticas que compoñen
o caderno inspíranse na referencialidade universal de Santiago de
Compostela e ofrecen un percorrido xeográfico e cultural pola Galicia
contemporánea, poñendo de relevo a eficacia da literatura para
comprender e interpretar a organización e configuración das
sociedades de hoxe en día. Todo isto, dende escritores e obras que
pertencen ao canon da literatura galega, constatando a condición
diversa, plurilingüe e intercultural da cultura hispánica. A
incuestionable contribución de Rosalía de Castro, Manuel Rivas, Suso
de Toro, Yolanda Castaño ou Álvaro Cunqueiro ao canon literario
hispánico permite adoptar a súa obra como input significativo e
axeitado para consolidar as diversas competencias que subxacen no
ensino de ELE, tendo en conta a dimensión autónoma, social e
cooperativa da aprendizaxe.
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Ano publicación
2018
Nº de páxinas
118
Serie
USC Editora. CELE (Cuadernos de Español como Lengua Extranjera)
ISBN
9788416954735
Dispoñibilidade
Si
Geografías literarias. Un itinerario (inter)cultural por Galicia é
un caderno dirixido a estudantes de ELE que aborda a aprendizaxe
comunicativa e intercultural a partir de tarefas que teñen como
centro o texto literario. As catro unidades didácticas que compoñen
o caderno inspíranse na referencialidade universal de Santiago de
Compostela e ofrecen un percorrido xeográfico e cultural pola Galicia
contemporánea, poñendo de relevo a eficacia da literatura para
comprender e interpretar a organización e configuración das
sociedades de hoxe en día. Todo isto, dende escritores e obras que
pertencen ao canon da literatura galega, constatando a condición
diversa, plurilingüe e intercultural da cultura hispánica. A
incuestionable cont...