• En venta!

Toponimia prelatina de Galicia

Autor/a
Búa Carballo, Juan Carlos
Esta monografía conságrase ao mundo lingüístico prelatino do noroeste da península Ibérica, moi particularmente no territorio da actual Galicia, a través dos nomes, entre os que os topónimos (no sentido máis amplo do termo) constitúen o grupo máis voluminoso e de documentación máis extensa ao longo da historia, dende as fontes antigas ata as modernas. A obra proporciona unha visión panorámica dos aspectos, problemas e polémicas máis relevantes, ilustrándoos cunha selección por natureza non exhaustiva, pero suficientemente representativa de exemplos. Para o autor, non cabe dúbida que na Galicia prelatina se falou unha lingua céltica e que todo o demais segue suxeito a especulacións. Insiste en que é fundamental recoller todo este material, moi especialmente das fontes medievais e modernas, onde permanece oculto un tesouro de extraordinario valor para tratar de reconstruír a protoforma latina de todos eses nomes.

Ficha Técnica

Edición
1
Cidade de publicación
Santiago de Compostela
Ano publicación
2018
Serie
78 Verba : Anuario Galego de Filoloxía. Anexos, ISSN 2341-1198
DOI
http://dx.doi.org/10.15304/9788417595074
ISBN
9788417595074
Dispoñibilidade
Si